Moter@s que nos visitan

sábado, 16 de junio de 2007

Hamilton repite PoLe!

1
Lewis Hamilton -->1'12''331
2
Fernando Alonso -->1'12''500
3
Felipe Massa-->1'12''703
4
Kimi Raikkonenn-->1'12''839
5
Nick Heidfeld-->1'12''847
6
Heikki Kovalainen-->1'13''308
7
Sebastian Vettel-->1'13''513
8
Jarno Trulli-->1'13''789
9
Mark Webber-->1'13''871
10
Giancarlo Fisichella-->1'13''953
11
David Coulthard-->1'12''873
12
Ralf Schumacher-->1'12''920
13
Jenson Button-->1'12''998
14
Nico Rosberg-->1'13''060
15
Rubens Barrichello-->1'13''201
16
Anthony Davidson-->1'13''259
17
Alexander Wurz-->1'13''441
18
Takuma Sato-->1'13''477
19
Vitantonio Liuzzi-->1'13''484
20
Scott Speed-->1'13''712
21
Adrian Sutil-->1'14''122
22
Christijan Albers-->1'14''597

Maña a carreira estará moi reñida cos dous mclaren loitando pola primeira posición e os ferraris intentando meter o morro....

martes, 12 de junio de 2007

F.Alonso incómodo en Mclaren

O piloto español Fernando Alonso en declaracións no programa de radio "El Larguero" dixo "desde el primer momento no he estado cómodo de todo en Mclaren". Proseguiu decindo "Estoy con un compañero inglés, en un equipo inglés, que lo está haciendo genial y sabemos que todo el apoyo de la escudería y todas las ayudas son para él. Yo he entendido todo eso desde el primer momento, pero no me quejo. De seis carreras he ganado dos, he hecho cuatro podios y tengo 40 puntos que me van a servir, al final, para estar luchando por el mundial".
Sobre os comentarios realizados pola prensa británica que compararon a Alonso con Alicia no país das marabillas e que proclama a Hamilton o novo fenómeno do deporte, o piloto español restalles importancia "Esos comentarios me resultan indiferentes. Si el coche de seguridad hubiese salido en la vuelta 23, teniendo en cuenta que Hamilton tenía gasolina para 23 giros, hubiera quedado octavo o noveno".

lunes, 11 de junio de 2007

Impresionante!

Incríble, Impresionante, Sorprendete, Diferente, Caótico...sóbrannos adxectivos para definir a carreira de onte! Unha así facía moitísimos anos que non se vía na F1, tantas cousas que resaltar: numerosos accidentes, primeira victoria de Hamilton, accidente impresionante de R.Kubica (alegramonos de que este estable e desexamos que se recupere pronto), máis safety car que nunca, penalizacións para Alonso e Rosberg, bandeira negra para Massa e Fisichella....son tantas cousas que pensamos que imos variar un pouco a nosa crónica de carreira, xa que din que unha imaxe vale máis que mil palabras...para esta crónica optamos por elas!
















































viernes, 1 de junio de 2007

Duelos Históricos II : Senna vs Prost!

Pois esta segunda edición de duelos históricos na F1 está protagonizado por Ayrton Senna e Alain Prost, dous xenios e amos do pilotaxe.



Sempre foron chamados a estraña parella xa que dende os inicios da súa carreira na fórmula1 Ayrton Senna observou moi detenidamente a Prost. Esto non é de estrañar xa que o brasileño sempre foi un piloto que necesitaba probarse a si mesmo que era o indiscutible campiónm, e iso so podía facelo medídonse con Alain. O seu primeiro duelo na pista sería moi rercordado e os seguintes serían unha repetición dos anteriores, ensinando os dous garra , destreza e gran competitividade na pista.

jueves, 31 de mayo de 2007

Mclaren exculpado!


A Fia decidiu non sancionar o equipo Mclaren Mercedes por unhas supostas ordes de equipo que este dera ó seu piloto Lewis Hamilton para que permanecera detrás de Alonso no pasado Gran Premio de Mónaco

A Federación examinou a comunicación por radio entre o equipo e Hamilton, e afirmou que as accións de mclaren foron completamente lexítimas e non deben tomar ningunha represión en contra destes.

A FIA remarcou sete puntos a ter en conta para este tipo de sancións:
1. Unha estratexia a dúas paradas en boxes é a óptima en Mónaco a menos que o coche de seguridade entre na pista, en cuxo caso una parada a veces é mellor.
2. O coche de seguridade interviu en catro das últimas cinco edicións do Gran Premio Monegasco.
3. Baixo a actual normativa, a elección entre unha estratexia a unha ou dúas paradas, debe realizarse antes da última manga da sesión de clasificación.

4. Está claro que segundo las medicións da FIA tras a clasificatoria, o equipo McLaren suministrou ó coche de Hamilton combustible para dar cinco voltas máis que Alonso.
5. Esto permitiría a Hamilton seguir unha estratexia dunha única parada en boxes no caso de que o coche de seguridade houbera entrado en pista durante o seu primeiro stint.
6. O coche de seguridade non interviu.
7. O McLaren fue ostensiblemente máis rápido que calquera outro coche en Mónaco.
O comunicado continou explicando que, "el primer objetivo de cualquier equipo es que alguno de sus dos pilotos gane. Si esto es posible, la escudería tratará de que el otro acabe segundo".
"Como el coche de seguridad no salió durante la primera mitad de la carrera de Alonso, se produjo un pequeño riesgo de que saliese cinco vueltas antes de que Hamilton tuviese que repostar. Esto lo habría colocado en los últimos puestos y significativamente en desventaja respecto a cualquier coche con una estrategia a una sola parada. Esos coches entrarían a repostar en la vuelta 40: por ejemplo: después de que el coche de seguridad hubiese entrado en pits si hubiese salido durante las vueltas adicionales de Hamilton".
"Por razones similares, Hamilton también fue llamado a boxes antes de los previsto en su segunda parada, es decir, para asegurarse el segundo puesto, hubiera o no coche de seguridad. En el caso de que el coche que rodaba por delante de Hamilton no hubiese sido el de su compañero, McLaren podría (probablemente) haberse arriesgado y haberle permitido a Hamilton alargar al máximo su parada en boxes con el objetivo de poder colocarse líder tras salir de una de sus dos repostajes".
"El equipo no está obligado a tomar riesgos para adelantar a su propio coche. De hecho sería una tontería hacerlo. McLaren siguió una óptima estrategia de equipo porque tuvieron una ventaja substancial sobre los demás coches. No hicieron nada que se pueda describir como: interferencia en el resultado de la carrera".
Ademais a FIA resaltou que “en la reunión que se llevó a cabo el 28 de octubre de 2002 por parte de la Comisión de Fórmula 1 se decidió con 23 votos a favor y solo tres abstenciones, que quedan prohibidas las órdenes de equipo que afecten a los resultados de una carrera. Esta decisión fue confirmada por el Consejo Mundial del Deporte del Automóvil y aparece en el artículo 39.1 del Reglamento Deportivo de la Fórmula Uno de 2007. Las órdenes de equipo que afecten al resultado de una carrera están prohibidas".

martes, 29 de mayo de 2007

Gran Premio de Mónaco:



O gran premio de Mónaco tivo un único dono: o equipo Mclaren Mercedes, xa que a victoria foi para F.Alonso e a segunda posición para L.Hamilton.


Nos primeiros postos o Gran Premio de Mónaco na súa arrancada mantívose igual, sen embargo por atrás, Robert Kúbica e Jenson Button perdía unha posición e Kimi Raikkonen avanzaba catro posicións colocándose decimosegundo.


Xa na segunda volta tivo lugar o primeiro abandono. Vitantonio Liuzzi colisonou contra unha barreira de protección. A pesar deste accidente , o coche de seguridade non apareceu na pista. O segundo abandono , moi frecuentes en Mónaco, non se produciu ata a volta 19, este veu da man de Mark Webber que se meteu en boxes despois de averiarselle a caixa de cambios. Mentras tanto a cousa en carreira seguía igual, posto que Alonso continuaba líder e Hamilton segundo a uns 7 ´´ do seu compañeiro.


O primeiro en parar en boxes foi Giancarlo Fisichella na volta 24. Na 26 foi Alonso o que entrou ,pasando a lidera Lewis Hamilton a carreira. Este repostou e cambiou neumáticos na volta 29. Deste xeito, despois de que todos os pilotos pararan en boxes a carreira quedaba con Alonso en cabeza seguido de Hamilton, Massa, Fisichella, Kubica, Heidfeld, Wurz , Barrichello, Button e Rosberg. Xa na volta 51 Alonso volve a parar seguido do resto dos pilotos.


As últimas 20 voltas en Montecarlo seguiron máis ou menos igual . Hamilton chegou a reducir a súa diferencia con Alonso ata o medio segundo, arriscando en ocasións demasiado. Mentres tanto, producíase o abandono de Adrián Sutil ó chocar contra a barreira de seguridad. Minutos máis tarde sucedíalle o mesmo ó seu compañeiro: Christian Albers.


Así , realizáronse as 78 voltas do gran premio vencendo Alonso por segundo ano consecutivo seguido de Lewis Hamiltonl, Felipe Massa, Fisichella, os BMW Sauber de Robert Kubica e Nick Heidfeld e Alex Wurz. Kimi Raikkonen,tras arrancar decimosexto, acabou octavo, conseguindo así un punto.




PoSiCióNS FiNaiS:




1.Fernando Alonso


2.Lewis Hamilton


3.Felipe Massa


4.Giancarlo Fisichella


5. Robert Kubica


6.Nick Heidfeld


7.Alex Wurz


8.Kimi Raikkonen


9.Scott Speed


10.Rubens Barrichello


11.Jenson Button


12.Nico Rosberg


13.Heikki Kovalainen


14.David Coulthard


15.Jiarno Trulli


16.Ralph Schumacher


17.Takuma Sato


18.Anthony Davidson


19.Cristian Albers (ABANDONOU)


20.Adrian Sutil (ABANDONOU)


21.Mark Webber (ABANDONOU)


22.Vitantonio Liuzzi (ABANDONOU)

sábado, 26 de mayo de 2007

Mclaren manda en Mónaco!


Hai menos dunha hora rematou a sesión de clasificación do gran premio de Mónaco. En contra do que se pensaba non choveu durante a hora da clasificatoria, unicamente unhas poucas pingas caeron case finalizando o q3.

Na primeira tanda non houbo ningunha sorpresa e os dous pilotos de mclaren lideraron con Hamilton a cabeza. Do mesmo xeito quedaban fora, A.Davidson, S.Speed, A.Sutil, R.Schumacher (que non acaba de levantar cabeza), T.Sato e C.Albers. Na segunda tanda clasificatoria os mercedes volveron a dominar , pero esta vez con Alonso en cabeza, esperabase así un duelo moi reñido pola pole na última tanda. A sorpresa chegou das mans de Kimi Raikkonen, xa que o seu coche sufriu danos na dirección da roda dianteira dereita despois de tocarse na barreira de protección da saída da zona da Piscina. Esto provocou un gran susto no equipo ferrari xa que o finlandés se quedou parado na zona da Rascasse e o seu compañeiro F.Massa case choca con el.

Os pilotos que quedaron fora da loita poa pole position foron Jenson Button, Alex Wurz, Vitantonio Liuzzi, Heikki Kovalainen e Kimi Raikkonen. Na terceira tanda os comisarios penalizaron a D. Coulthard por bloquear o paso a H.Kovalainen na súa volta rápida na q2. Así o piloto escocés quedou eliminado facendo subir a J.Button. A loita pola pole foi moi reñida ,como xa se pronoesticaba, Lewis Hamilton mantívose case todo o tempo na primeira posición cun crono de 1.15.905, pero na súa última volta rápida Fernando Alonso arrebatoulla marcando 1.15.726. Mañá será unha carreira moi dura xa que calquera erro pode modificala completamente, pero as estadísticas din que neste circuíto o que sae primeiro ten practicamente todas as posibilidades de vencer. Mañán saberemolo xa que nin Hamilton nen Massa, na terceira posición, llo poñeran fácil ó español.


Grella Definitiva:

1.Fernando Alonso

2.Lewis Hamilton

3.Felipe Massa

4.Giancarlo Fisichella

5.Nico Rosberg

6.Marc Webber

7.Nick Heidfeld

8.Robert Kubica

9.Rubens Barrichello

10.Jenson Button

11.Alex Wurz

12.Vitantonio Liuzzi

13.Jiarno Trulli

14.Heikki Kovalainen

15.Kimi Raikkonen

16.David Coulthard

17.Anthony Davidson

18.Scott Speed

19.Adrián Sutil

20.Ralph Schumacher

21.Takuma Sato

22.Crhistian Albers

martes, 22 de mayo de 2007

Previo Mónaco!


Chega outro ano máis o glamour a F1 da man do Circuito de Mónaco. Pódese dicir que é o gran premio máis especial, xa que non se parece para nada ós demáis. Tanto é así que os primeiros e segundos entrenamentos realízanse os xoves e non os venres como ocorre no resto das carreiras. A parte desto, é especial porque non perdoa ningún erro dos pilotos, non existe ningunha escapatoria posible e os fallos páganse contra as barreiras de contención.

É o trazado máis curto cuns 3.340 m ó que se dan 78 voltas en total ,a súa velociade media non pasa dos 150 km/h, por iso é un circuíto bastante lento. Consta de 16 curvas, 10 a dereitas e 6 a esquerdas.
Un dos principais trucos para gañar esta carreira é clasificar ben, xa que é practicamente imposible adiantar. Por este motivo a mellor oportunidade para sobrepasar a outro piloto non está na pista senón nos boxes , no repostaxe e cambio de neumáticos.

F.Alonso conseguiu o ano pasado a súa primeira victoria neste circuito. O récor de triunfos teno M.Schumacher con 7 copas de ouro.


viernes, 18 de mayo de 2007

DUELOS HISTÓRICOS DA F1!

Pois esta é unha nova sección que inaguramos hoxe e que ocupara unha vez a semana o noso blog. Nela poñeremos os duelos que se deron e se dan na F1!
Hoxe comezamos cun dos mellores duelos da historia: Montoya vs Schumacher. Dende que no ano 2001 Juan Pablo chegou a fórmula 1 , comezou a suspirar na nuca do alemán, protagonizando os dous os mellores adiantamentos vistos neste gran deporte. A cabeza fría do alemán e sangue quente e impulsiva do colombiano, facían que os aficionados viviramos os momentos de tensión e alegría máis intensos, por ese motivo vai por estos dous grandes rivais!

martes, 15 de mayo de 2007

lunes, 14 de mayo de 2007

GP de España!




A pesar desos 40ºC de calor a aficición española non defraudou e onte teñiu Montmeló de moitas cores pero sobretodo de amarelo e azul pola bandeira de Asturias.


Observando a grella de saída as posibilidades de como está remataría eran imensas, xa que nas catro primeiras posicións se atopan os 3 líderes do mundial ata o momento. Antes de que o semáforo se apagara a saída xa tivo que ser abortada, xa que o coche de Jiarno Trulli (Toyota) acabábase de calar ,facendo que este tivera que saír dende boxes, polo tanto unha volta de quentamento máis e unha menos de carreira.


Ahora sí, do semáforo desaparecían as luces vermellas e ante o griterío da afición os monoplazas arrancaban. Massa e Alonso chegaron a primeira curva moi igualados , pero Massa levaba a velocidade suficiente como para non permitir que Fernando lle arrebatara a primeira posición, Felipe subíase o piano mentres o piloto español buscaba o mesmo vértice, e como dous coches non collen no mesmo piano, ambos monoplazas impactaban , facendo que o mclaren do español tivera que ir pola area. Deste xeito , Alonso sitúase cuarto por detrás de Raikkonen e Hamilton.


A primeira volta rematou con máis incidentes, xa que A. Wurz impactaba por detrás contra o Toyota de Ralph Schufacher. O primeiro perdía o seu alerón dianteiro e dañaba as suspensións, tendo así que abandonar a carreira. O pequeno dos Schumacher tería que facer unha parada en boxes para reparar os danos causados no accidente.


Deste xeito, Massa comeza a abrir distancias co mclaren de Lewis Hamilton, mentres Alonso intenta pegarse e adiantar a Kimi sen poder conseguilo.


Pero inesperadamante primeiro e Trulli o que abandona na volta 8 e na seguinte un Kimi Raikkonen chega a boxes como pode por culpa duns problemas eléctricos que lle impedían seguir competindo. Así , Fernando Alonso pasa a ocupara a terceira posición. A volta remataba con outro incidente máis, rebentando Scott Speed (Toro Rosso) un dos seus neumáticos.


A ventaxa de Massa sobre Hamilton faise cada vez maior. Na volta 18 o brasileño para a repostar , facendo que Lewis con so 3 carreiras na F1 pase a encabezar un gran premio. Sen embargo, o equipo ferrari sofre un gran susto xa que sae unha gran llamarada da boca do depósito de Massa, sen máis consecuencias.


Na volta seguinte para Fernando a repostar, sen ningún contratempo e tomando a elección de poñer os neumáticos de composto duro. Empezan así a facer a súa parada todos os pilotos. Na saída de J.Button do pit lane, este atópase co seu compañeiro de equipo, ambos rózanse na primeira curva no cal Button perde o seu alerón dianteiro. Despois da parada de Hamilton, Heidfeld pasa a liderar a carreira.


Esto non sería por moito tempo, xa que na súa parada en boxes , os mecánicos danlle a saída antes de tempo, facendo que salte unha peza dunha das rodas, facendo que na pista o neumático só este suxeito polo pasador de seguridade. Así, ten que facer outra parada en boxes para colocar todo correctamente.
Sobre a volta 35 Kovalainen , que ocupaba a qunta posición, recibe a orde de parar en boxes, este perde unha posición.
Así empezan as segundas paradas en boxes, primeiro é Fisichella o que entra na volta 40 e máis tarde serán Massa e de novo Kovalainen. Por esta estratexia, probablemente Renault lle fastidiou a carreira o finlandés. Máis tarde arruínanlla tamén a Fisichella xa qaue lle comentan que terá que volver a parar xa que tiveron problemas a hora de poñerlle gasolina.


Finalmente ,Nick Heidfeld ten que abandonar a carrreira. Por outra banda, coa parada de Fisichella de novo en boxes o Takuma Sato (super auguri) colócase na zona de puntos xa que pasa a ocupar a octava posición.


Deste xeito remata a carreira cun Felipe Massa gañando a carreira ,un Hamilton que se volve a subir ó podio e un Alonso algo desilusionado polo toque producido na saída e polo que non pudo estar máis arriba no podio no gran premio do seu país. De cuarto entraba Kubica seguido de Coultharde, Rosberg, Kovalainen e Sato que consigue o primeiro punto para Super Auguri.


A alegría máis grande probablemente será para Hamilton que se converte así no piloto máis xoven da historia que lidera un mundial de F1.
Próxima aventura da Fórmula 1: Mónaco.

viernes, 4 de mayo de 2007

Circuit de Catalunya

A F1 chegou a España tras uns dias de entrenos neste mesmo circuito. Non é descoñecido para os pilotos xa que a gran maioria das probas dos coches fanse neste circuito, ainda que esta carreira sera distinta xa que se conta cunha nova chican para reducir un pouco a velocidade e complicalo mais. Alguns pilotos din que esta nova mellora está moi ben xa que aumenta as posibilidades de adiantar ós contrincantes.
O gran premio de España chamase Circuit de Catalunya que se inagurou en 1991, acolle grandes competicions de motor. Xa se correron 16 grandes premios, a sua lonxitude e de 4627 m, o numero de voltas e 66 (ainda que pode variar asi que con esactitude non o sabemos).
Outra das melloras do circuito e que aumentaron a sua capacidade pero non chegou a nada xa que as entradas estan todas vendidas e en mui pouco tempo estiveron a venta. Asique o circuito estara a reventar e avera un gran esectaculo para disfrutar todos e contaxiarnos os que o temos que ver pola television.
No 2004 gañou Michael Schumaker pero a sua hexemonia duraria moi pouco porque ó ano seguinte gañaría Kimi Raikkonen. O ano pasado gañou o español Fernando Alonso, seria a sua primeira vitoria neste circuito e na sua casa.

Esperemos que esta carreira sexa mui interesante e emocionante.

viernes, 27 de abril de 2007

Paris Hilton imaxe de Spyker F1?


A multimillonaria Paris Hilton podería ser a imaxe do equipo Spyker F1 durante o gran premio de Mónaco 2007. Se se chega a unha acordo co seu representante, a herdeira dos hoteles Hilton, acompañaría ó equipo todo o fin de semana.
Esta sería a imaxe publicitaria que promocionaría ó equipo. Non podemos manternos indiferentes a esta noticia, xa que se pretendemos a igualdade de xéneros, non pode ser menos na F1. Con esta imaxe na que Paris se presenta desa "guisa" o único que se está a fomentar é o machismo. As mulleres tamén temos dereito a que nos guste e entusiasme a F1 e os deportes de motor sen ter que ver a cada momento a exhibición dunha muller como obxecto sexual. Pensamos que cada unha é dona do seu corpo, polo tanto respetamos o que faga con el, pero non é normal que esto se utilice nun deporte que non ten nada que ver con este tema! Parecenos estupendo que mostren a súa beleza e sensualidade pero para as persoas que o queiran ver que vaian a unha pasarela, un club de striptease...e que non se nos obrige a velo nun lugar o que non fumos para iso!

Ademais, gustaríanos coñecer que sabe Paris Hilton sobre a F1!

un saúdo

domingo, 22 de abril de 2007

Incrible carreira de 250 e decepción de Valentino Rossi


Esta nova carreira en Estambul deixou tragos amargos e algún doce. Pois en todas as categorías un español subiu o podio demostrando que hai bos pilotos en España, aínda que os italianos tiveron 2 primeiros postos.

A de 250 foi unha gran carreira, ata a última volta e o último xiro non se soupo quen ia gañar xa que tres pilotos, Dovizioso, Lorenzo e Bautista, loitaban para conseguir a victoria. Na saída Dovizioso fíxoo moi ben e conseguiu unha pequena ventaxa, pero duroulle moi pouco porque Bautista e logo Lorenzo collerono e os tres estiveron adiantandose con grandes maniobras e moi fermosos adiantamentos. Foi unha carreira moi completa que gañou o italiano Dovizioso seguido de Jorge Lorenzo e Alvaro Bautista. Jorge Lorenzo segue líder do mundial e nn pudo co record de gañar 3 carreiras seguidas.

A carreira de motoGP nn foi tan espectacular como a anterior,pero houbo moitos nervios. Nos primeiros xiros 4 pilotos ceron nun accidente en cadea, eno medio estaba Dani Pedrosa que abaonou o circuit nunha ambulancia pero sen grandes anos. Stoner puxose primeiro e marcou un gran rimo que nadie puido igualar e por iso gañou. Toni Elias quedou segundo tras un gran adiantamento a Rossi que tiveron algun que outro choque pero son cusas das carreiras cando rodas o limite. Toni tiña un gran rimo e estivo loitando pero nn consguio chegar a Stoner. Capirrosi quedou terceiro pero fxo unha carreira un pouco irregular.

Valentino Rossi so puido ser 10 xa que parece ser que o novo motor da sua moto no funcionou o 100 por 100 e de estar loitando por gañar e chocarse con Elas quedou moi atras.

E agora esperar 15 días a que chegue a carreira de China.

sábado, 21 de abril de 2007

Clasificacion para aparrilla de maña


Oxe 21 de abril do 2007, celebrouse en Estambul a prova para clasificar a parrilla de maña. E moto GP Vaentino Rossi conseguio a pole xa que e un dos circuitos que nunca gañou e quere quitarse a espiña que ten crabada. O segundo foi o seu compañeiro Edwards, seguido de Dani Pedrosa que cando esaba a facer a sua volta lanzada un dos pilotos entorpeceuno condo tiña ase a pole asegurada. Stoner foi cuarto seguidode Capirossi, o seu compañeiro de equipo.

Na categoria de250 a pole foi para Andrea Dovizioso que superou a Jorge Lorenzo en 77 milesimas, foi moi reñida a pole entre estes dous pilotos. Terceiro saira Alvaro Bautista que para ser o seu primeiro ano nesta categoria esta facendo una boa tempada. Dovizioso poñeralle as cousas moi dificiles o piloto Lorenzo porqu son ns grandes rivale que non se teñen mui boa estima e pelexaran pola victoria.

En 125 Mattia Pasini, Hector Faubel, orsi e Talmacsi formn as primeiras liñas de saida.

Maña en todas as categorias os españois teñen grandes oportunidades de conseguir a victoria e brindar os que somos afecionados o motor un gran espectaculo.

O motociclismo chega a Estambul


O circuito de Estambul acolle este fin de semana a nova prova do campeonato. Es te circuito ten unha gran peculiaridade xa que colle parte do circuito a metade de dous continentes, o asiatico e o europeo. A sua lonxitude e de 5.378 m, con 14 curvas ( 6 de dereitas e 8 de esquerdas), e a sua recta mide 655,5 m. Os pilotos de moto GP daran 22 voltas, os de 250 daran 20 mentres que os de 125 19. E un circuito de nova categoria xa que so se disputou unha vez ali o mundial. Ocircuito costou uns 60 millons d dolares, foi una gran inversion para este pais que se quere acerca cada vez mais a Europa. A F1 tamen corre neste circuito e foi a primeira categoria de motor en inagurar o novo circuito.

Resumen de Barhein nun par de imaxes!

domingo, 8 de abril de 2007

Sepang en un par de liñas!


Despois de 18 largos meses, Mclaren volveu subirse no primeiro escalón do podio. E se eso aínda fora pouco, ocupou tamén o segundo ,formando un fantástico doblete. Alonso na primeira curva conseguiu colocarse primeiro facendo un adiantamento espectacular e sobrepasando o ferrari de Felipe Massa. Non menos incríble foi o adiantamento do inglés L.Hamilton que, seguindo a estela do seu compañeiro, deixou atrás o brasileiro.

Pouco a pouco Alonso comezou a coller distancia do seu compañeiro de equipo. Mentres este aguantaba dunha forma impresionante os ataques de Felipe Massa, para ser novato parece que leva toda a vida encima dun F1. O brasileiro sen embargo pecou de impulsivo e nun dos intentos por colocarse segundo saliuse da pista , perdendo dúas posicións.

Sobre a volta 17 comezaron a entrar os monoprazas en boxes, e puidose comprobar como o equipo Mclaren tiña algún tipo de problema na radio de F. Alonso, xa que tiveron que avisarlle da súa entrada en boxes a través da pizarra.

O resto da carreira continuou sen moitos cambios, ata que a 10 voltas do final comezouse a comprobar que Hamilton tiña problemas cos compostos duros de bridgestone, chegando a pensarse que Kimi Raikkonen, que ocupaba a terceira posición, iba adiantar o inglés. Na última volta estaba a menos dun segundo do piloto inglés

A mala sorte tocoulle o alemán Nico Rosberg , xa que o seu Williams deixouno tirado cando ocupaba a séptima posición. Finalmente a clasificación do gran premio quedou da seguinte maneira:

1. F.Alonso-Mclaren

2. L.Hamilton-Mclaren

3.K.Raikkonen-Ferrari

4.N.Heidfeld-BMW

5.F.Massa-Ferrari

6.G.Fisichella-Renault

7.J.Trulli-Toyota

8.H.Kovalainen-Renault

9.A.Wurz-Williams

10.M.Webber-Red Bull

11.R.Barrichello-Honda

12.J.Button-Honda

13.T.Sato-Super Aguri

14.S.Speed-Toro Rosso

15.R.Schumacher-Toyota

16.A.Davidson-Super Aguri

17.V.Liuzzi-Toro Rosso

18.R.Kubica-BMW

ABANDONOS

19.N.Rosberg-Williams

20.D.Coulthard-Red Bull

21.C.Albers-Spyker F1

22.A.Sutil-Spyker F1

viernes, 6 de abril de 2007

Resumo da xornada

Nesta xornada de entrenos no circuito de Malasia, ó piloto Fernando Alonso multarono xa 2 veces por exceso de velocidade. A primeira multa foi de 600 euros cando faltaban 40 minutos para finalizar a segunda sesión dos ensaios libres ó ir a 63,3 km/h. A segunda foi 20 minutos despois cando fixo 61,4 km/h e puxeronlle 400 euros de multa, a velocidade máxima a que podes acceder e a 60 km/h. O fin o piloto acabou pagando 1000 euros de multa.
O gran dominador destes ensaios foi o Ferrari de Felipe Massa que marcou os mellores tempos nestas 2 sesións. Parece que están moi fortes pero eso terano que demostrar maña na carreira.
O final Kimi Raikkonen dixo que non cambiará o motor do Ferrari xa que non sufrio grandes perdas e que espera aguantar toda a carreira e repetir a victoria.
Segundo os entrenos os Ferrari son os grandes candidatos a victoria pero non se pode olvidar que hai grandes pilotos que estan por detrás e esperan dar moito espectáculo.

miércoles, 4 de abril de 2007

Conta atrás para Sepang!


Este venres chega de novo a velocidade dos Formula 1 ó Circuíto de Sepang. A pista ten unha extensión de 5,543 Km. nos cales hai repartidas 15 curvas. Este, é un circuíto de útlima xeración , diseñado polo alemñan Hermann Tilke, especilamente para a F1, ó cal se darán 56 voltas, en definitiva cada piloto fará un total de 310.408 quilómetros.

Na pista atopámos longas rectas combinadas con curvas que sen dan a gran velocidade e horquillas de baixa velocidade. Ademais, está é unha das pistas máis anchas da tempada que facilita moito ó adiantamento antes do ingreso nas curvas. Neste os monoprazas chegan a alcanzar os 320 Km/h.

Os inxeñeiros e mecánicos terán que ter moito en conta as altas temperaturas e a gran cantidade de húmidade que pode ameazar con choivas repentinas. Ademais, o asfalto é bastante abrasivo o cal pasa factura nos neumáticos dianteiros. Por estes motivos, a condición física dos pilotos debe ser moi boa, xa que se se o seu estado non é adecuado estes poderán sufrir grandes problemas de deshidratación. Moitos pilotos consideran Sepang como o máis duro fisicamente.


lunes, 2 de abril de 2007

2º Circuito de F1 en España




Valencia ten listo o seu acordo con Bernie Ecclestone para que a Fórmula 1 pase polo seu circuito a partir do 2009. A Generalitat Valenciana aprobou o día 26 de marzo un decreto de reforma da zona cercana ó novo porto da Copa América para ter un circuito urbán que acolla a celebración dun novo Gran Premio de F1.

O que aínda non está claro é o nome da proba. Bernie Ecclestone aposta por recuperar a denominación de GP de Europa e convertelo nun gp moi importante polo gran tirón que está dando Fernando Alonso, mentres que outras fontes din que se baralla o nome de GP Mediterráneo.

miércoles, 28 de marzo de 2007

Kimi dez postos atrás en Malasia?

Kimi Raikkonen levarase unha gran sorpresa ó saber que probablemente será retrasado 10 postos na grella de saída do gran premio de Malasia o próximo 8 de abril. Ó parecer, o motor Ferrari V8 que utilizou en Melbourne quedou dañado despois da súa victoria.
Segundo recoñeceu o xefe de motores o propulsor “se sobrecalentó en la parte final de la carrera”, e aínda que dende Ferrari aseguran que a unidade non quedou dañada , o certo e que a refrixeración do F2007 non funcionou ben nesa última voltas por unha suposta fuga de auga. Ata o momento non hai nada confirmado, pero se ó final o motor fora cambiado, Ferrari sufriría un gran golpe xa que Kimi convertouse na súa mellor carta para xogar neste mundial...seguiremos informando.

viernes, 23 de marzo de 2007

Kimi a punto de dormirse!


Kimi Raikkonen confesou hoxe na páxina web de Ferrari que case se dorme cando só faltaban dez voltas para o final do Gran Premio de Austrlia. Explicou que non pudo ter ningún contacto co seu enxeñeiro de carreira (Chris Dyer) o que fixo que perdera en moitos momentos a concentración.
"Sabíamos que nuestros ritmo en carrera era muy competitivo y por ello no tuve que ir al límite. Pero si la radio hubiese funcionado, creo que habría ido más rápido. En una ocasión, a unas diez vueltas del final, ¡casi me quedo dormido", relatou.
"Estaba un poco distraído, mis niveles de concentración disminuyeron un poco y tomé la curva número tres demasiado abierta. Incluso sin la radio supe que me estaban diciendo: íKimi, despierta!"comentou.
"El equipo tuvo que hacer mucho para mantenerme informado con las pizarras, pero en un par de ocasiones no las vi porque era bastante difícil distinguirlas de las demás. Cuando crucé la línea de meta me sentí muy emocionado y fue fantástico poder celebrarlo con todos los que estaban en el pitwall. Fue un monento que no me habría gustado perderme por nada en el mundo", dixo.

Cómo te podes quedar durmido a 200 km/h? Se alguén dubidaba do carácter frío e tranquilo de Kimi Raikkonen, aquí quedou demostrado.Na foto xa se lle notaba o cansancio...
un saúdo ruidoso a tod@s

lunes, 19 de marzo de 2007

Coulthard vs Wurz

Crónica do primeiro finde!


Ola!
Antes de nada disculparnos por estar tanto tempo sen actualizar o blog... Entre unhas cousas e outras retrasamonos bastante. Pero aquí andamos xa.
Para comezar facer unha breve mención a primeira victoria de Stoner na súa Ducati e a ese 2º e 3º posto de RoSSi e o español Pedrosa.
Agora comentar o madrugón do fin de semana...aínda que hai moit@s que decidiron xa non ir a cama..un horario algo atípico na F1. Unha carreira normaliña ,coas emocións contadas. Reciba a nosa felicitación Kimi Raikkonen, que gañou , con bastante facilidade, a súa primeira carreira vestido de vermello. O asturiano F.Alonso, a pesar dunha mala saída, logrou subirse ó segundo escalón do podio. Mención especial para L.Hamilton que no seu debut consegiu un merecido 3º posto. Destacar o accidente de Wurz e Coulthard...o casco do piloto de williams case é arrebatado polo Red Bull. E tamén resaltar o debut non moi afortunado de Kovalainen, seguro que foi sobrio a carreira?mmm...en resumo ,esperamos máis loita e emocións para as próximas carreiras.
Esperanos unha cita este fin de semana en Xeréz co motociclismo e outra en Malasia o segundo fin de semana de Abril.
Un ruidoso saúdo!

sábado, 3 de marzo de 2007

EmpeZaMoS


Hola a tod@s os que vos pasedes por este blog. Somos Nerea e Malaika , dúas Coruñesas que levamos moitos anos deixándose as retinas na fórmula 1 e nos deportes de motor en xeral. Con este blog imos intentar ter a tod@s os forof@s informados sobre este gran deporte (que é o que máis estamos enganchadas) e tamén deixaremos algunhas pinceladas sobre motos,nascar...poñeremos as nosas opinións e intentaremos facervos disfrutar aínda máis desta tempada 2007 e se todo vai ben as seguintes...Intentaremos actualizar sempre que podamos, aínda que durante a semana non creo que poidamos facer moito, pero nas fechas máis importantes estaremos aquí! Leemonos por aquí un saúdo moi grande de dúas rapazas as que lle corre gasolina polas veas :)