Moter@s que nos visitan

viernes, 27 de abril de 2007

Paris Hilton imaxe de Spyker F1?


A multimillonaria Paris Hilton podería ser a imaxe do equipo Spyker F1 durante o gran premio de Mónaco 2007. Se se chega a unha acordo co seu representante, a herdeira dos hoteles Hilton, acompañaría ó equipo todo o fin de semana.
Esta sería a imaxe publicitaria que promocionaría ó equipo. Non podemos manternos indiferentes a esta noticia, xa que se pretendemos a igualdade de xéneros, non pode ser menos na F1. Con esta imaxe na que Paris se presenta desa "guisa" o único que se está a fomentar é o machismo. As mulleres tamén temos dereito a que nos guste e entusiasme a F1 e os deportes de motor sen ter que ver a cada momento a exhibición dunha muller como obxecto sexual. Pensamos que cada unha é dona do seu corpo, polo tanto respetamos o que faga con el, pero non é normal que esto se utilice nun deporte que non ten nada que ver con este tema! Parecenos estupendo que mostren a súa beleza e sensualidade pero para as persoas que o queiran ver que vaian a unha pasarela, un club de striptease...e que non se nos obrige a velo nun lugar o que non fumos para iso!

Ademais, gustaríanos coñecer que sabe Paris Hilton sobre a F1!

un saúdo

domingo, 22 de abril de 2007

Incrible carreira de 250 e decepción de Valentino Rossi


Esta nova carreira en Estambul deixou tragos amargos e algún doce. Pois en todas as categorías un español subiu o podio demostrando que hai bos pilotos en España, aínda que os italianos tiveron 2 primeiros postos.

A de 250 foi unha gran carreira, ata a última volta e o último xiro non se soupo quen ia gañar xa que tres pilotos, Dovizioso, Lorenzo e Bautista, loitaban para conseguir a victoria. Na saída Dovizioso fíxoo moi ben e conseguiu unha pequena ventaxa, pero duroulle moi pouco porque Bautista e logo Lorenzo collerono e os tres estiveron adiantandose con grandes maniobras e moi fermosos adiantamentos. Foi unha carreira moi completa que gañou o italiano Dovizioso seguido de Jorge Lorenzo e Alvaro Bautista. Jorge Lorenzo segue líder do mundial e nn pudo co record de gañar 3 carreiras seguidas.

A carreira de motoGP nn foi tan espectacular como a anterior,pero houbo moitos nervios. Nos primeiros xiros 4 pilotos ceron nun accidente en cadea, eno medio estaba Dani Pedrosa que abaonou o circuit nunha ambulancia pero sen grandes anos. Stoner puxose primeiro e marcou un gran rimo que nadie puido igualar e por iso gañou. Toni Elias quedou segundo tras un gran adiantamento a Rossi que tiveron algun que outro choque pero son cusas das carreiras cando rodas o limite. Toni tiña un gran rimo e estivo loitando pero nn consguio chegar a Stoner. Capirrosi quedou terceiro pero fxo unha carreira un pouco irregular.

Valentino Rossi so puido ser 10 xa que parece ser que o novo motor da sua moto no funcionou o 100 por 100 e de estar loitando por gañar e chocarse con Elas quedou moi atras.

E agora esperar 15 días a que chegue a carreira de China.

sábado, 21 de abril de 2007

Clasificacion para aparrilla de maña


Oxe 21 de abril do 2007, celebrouse en Estambul a prova para clasificar a parrilla de maña. E moto GP Vaentino Rossi conseguio a pole xa que e un dos circuitos que nunca gañou e quere quitarse a espiña que ten crabada. O segundo foi o seu compañeiro Edwards, seguido de Dani Pedrosa que cando esaba a facer a sua volta lanzada un dos pilotos entorpeceuno condo tiña ase a pole asegurada. Stoner foi cuarto seguidode Capirossi, o seu compañeiro de equipo.

Na categoria de250 a pole foi para Andrea Dovizioso que superou a Jorge Lorenzo en 77 milesimas, foi moi reñida a pole entre estes dous pilotos. Terceiro saira Alvaro Bautista que para ser o seu primeiro ano nesta categoria esta facendo una boa tempada. Dovizioso poñeralle as cousas moi dificiles o piloto Lorenzo porqu son ns grandes rivale que non se teñen mui boa estima e pelexaran pola victoria.

En 125 Mattia Pasini, Hector Faubel, orsi e Talmacsi formn as primeiras liñas de saida.

Maña en todas as categorias os españois teñen grandes oportunidades de conseguir a victoria e brindar os que somos afecionados o motor un gran espectaculo.

O motociclismo chega a Estambul


O circuito de Estambul acolle este fin de semana a nova prova do campeonato. Es te circuito ten unha gran peculiaridade xa que colle parte do circuito a metade de dous continentes, o asiatico e o europeo. A sua lonxitude e de 5.378 m, con 14 curvas ( 6 de dereitas e 8 de esquerdas), e a sua recta mide 655,5 m. Os pilotos de moto GP daran 22 voltas, os de 250 daran 20 mentres que os de 125 19. E un circuito de nova categoria xa que so se disputou unha vez ali o mundial. Ocircuito costou uns 60 millons d dolares, foi una gran inversion para este pais que se quere acerca cada vez mais a Europa. A F1 tamen corre neste circuito e foi a primeira categoria de motor en inagurar o novo circuito.

Resumen de Barhein nun par de imaxes!

domingo, 8 de abril de 2007

Sepang en un par de liñas!


Despois de 18 largos meses, Mclaren volveu subirse no primeiro escalón do podio. E se eso aínda fora pouco, ocupou tamén o segundo ,formando un fantástico doblete. Alonso na primeira curva conseguiu colocarse primeiro facendo un adiantamento espectacular e sobrepasando o ferrari de Felipe Massa. Non menos incríble foi o adiantamento do inglés L.Hamilton que, seguindo a estela do seu compañeiro, deixou atrás o brasileiro.

Pouco a pouco Alonso comezou a coller distancia do seu compañeiro de equipo. Mentres este aguantaba dunha forma impresionante os ataques de Felipe Massa, para ser novato parece que leva toda a vida encima dun F1. O brasileiro sen embargo pecou de impulsivo e nun dos intentos por colocarse segundo saliuse da pista , perdendo dúas posicións.

Sobre a volta 17 comezaron a entrar os monoprazas en boxes, e puidose comprobar como o equipo Mclaren tiña algún tipo de problema na radio de F. Alonso, xa que tiveron que avisarlle da súa entrada en boxes a través da pizarra.

O resto da carreira continuou sen moitos cambios, ata que a 10 voltas do final comezouse a comprobar que Hamilton tiña problemas cos compostos duros de bridgestone, chegando a pensarse que Kimi Raikkonen, que ocupaba a terceira posición, iba adiantar o inglés. Na última volta estaba a menos dun segundo do piloto inglés

A mala sorte tocoulle o alemán Nico Rosberg , xa que o seu Williams deixouno tirado cando ocupaba a séptima posición. Finalmente a clasificación do gran premio quedou da seguinte maneira:

1. F.Alonso-Mclaren

2. L.Hamilton-Mclaren

3.K.Raikkonen-Ferrari

4.N.Heidfeld-BMW

5.F.Massa-Ferrari

6.G.Fisichella-Renault

7.J.Trulli-Toyota

8.H.Kovalainen-Renault

9.A.Wurz-Williams

10.M.Webber-Red Bull

11.R.Barrichello-Honda

12.J.Button-Honda

13.T.Sato-Super Aguri

14.S.Speed-Toro Rosso

15.R.Schumacher-Toyota

16.A.Davidson-Super Aguri

17.V.Liuzzi-Toro Rosso

18.R.Kubica-BMW

ABANDONOS

19.N.Rosberg-Williams

20.D.Coulthard-Red Bull

21.C.Albers-Spyker F1

22.A.Sutil-Spyker F1

viernes, 6 de abril de 2007

Resumo da xornada

Nesta xornada de entrenos no circuito de Malasia, ó piloto Fernando Alonso multarono xa 2 veces por exceso de velocidade. A primeira multa foi de 600 euros cando faltaban 40 minutos para finalizar a segunda sesión dos ensaios libres ó ir a 63,3 km/h. A segunda foi 20 minutos despois cando fixo 61,4 km/h e puxeronlle 400 euros de multa, a velocidade máxima a que podes acceder e a 60 km/h. O fin o piloto acabou pagando 1000 euros de multa.
O gran dominador destes ensaios foi o Ferrari de Felipe Massa que marcou os mellores tempos nestas 2 sesións. Parece que están moi fortes pero eso terano que demostrar maña na carreira.
O final Kimi Raikkonen dixo que non cambiará o motor do Ferrari xa que non sufrio grandes perdas e que espera aguantar toda a carreira e repetir a victoria.
Segundo os entrenos os Ferrari son os grandes candidatos a victoria pero non se pode olvidar que hai grandes pilotos que estan por detrás e esperan dar moito espectáculo.

miércoles, 4 de abril de 2007

Conta atrás para Sepang!


Este venres chega de novo a velocidade dos Formula 1 ó Circuíto de Sepang. A pista ten unha extensión de 5,543 Km. nos cales hai repartidas 15 curvas. Este, é un circuíto de útlima xeración , diseñado polo alemñan Hermann Tilke, especilamente para a F1, ó cal se darán 56 voltas, en definitiva cada piloto fará un total de 310.408 quilómetros.

Na pista atopámos longas rectas combinadas con curvas que sen dan a gran velocidade e horquillas de baixa velocidade. Ademais, está é unha das pistas máis anchas da tempada que facilita moito ó adiantamento antes do ingreso nas curvas. Neste os monoprazas chegan a alcanzar os 320 Km/h.

Os inxeñeiros e mecánicos terán que ter moito en conta as altas temperaturas e a gran cantidade de húmidade que pode ameazar con choivas repentinas. Ademais, o asfalto é bastante abrasivo o cal pasa factura nos neumáticos dianteiros. Por estes motivos, a condición física dos pilotos debe ser moi boa, xa que se se o seu estado non é adecuado estes poderán sufrir grandes problemas de deshidratación. Moitos pilotos consideran Sepang como o máis duro fisicamente.


lunes, 2 de abril de 2007

2º Circuito de F1 en España




Valencia ten listo o seu acordo con Bernie Ecclestone para que a Fórmula 1 pase polo seu circuito a partir do 2009. A Generalitat Valenciana aprobou o día 26 de marzo un decreto de reforma da zona cercana ó novo porto da Copa América para ter un circuito urbán que acolla a celebración dun novo Gran Premio de F1.

O que aínda non está claro é o nome da proba. Bernie Ecclestone aposta por recuperar a denominación de GP de Europa e convertelo nun gp moi importante polo gran tirón que está dando Fernando Alonso, mentres que outras fontes din que se baralla o nome de GP Mediterráneo.