Moter@s que nos visitan

viernes, 27 de abril de 2007

Paris Hilton imaxe de Spyker F1?


A multimillonaria Paris Hilton podería ser a imaxe do equipo Spyker F1 durante o gran premio de Mónaco 2007. Se se chega a unha acordo co seu representante, a herdeira dos hoteles Hilton, acompañaría ó equipo todo o fin de semana.
Esta sería a imaxe publicitaria que promocionaría ó equipo. Non podemos manternos indiferentes a esta noticia, xa que se pretendemos a igualdade de xéneros, non pode ser menos na F1. Con esta imaxe na que Paris se presenta desa "guisa" o único que se está a fomentar é o machismo. As mulleres tamén temos dereito a que nos guste e entusiasme a F1 e os deportes de motor sen ter que ver a cada momento a exhibición dunha muller como obxecto sexual. Pensamos que cada unha é dona do seu corpo, polo tanto respetamos o que faga con el, pero non é normal que esto se utilice nun deporte que non ten nada que ver con este tema! Parecenos estupendo que mostren a súa beleza e sensualidade pero para as persoas que o queiran ver que vaian a unha pasarela, un club de striptease...e que non se nos obrige a velo nun lugar o que non fumos para iso!

Ademais, gustaríanos coñecer que sabe Paris Hilton sobre a F1!

un saúdo

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Quen foi a voceira de hoxe?? Maly?? jajaja vexo que te desafogaches ben!! Eu estou totalmente d´acordo con vós e penso o mesmo, que só saben fomentar os deportes de motor con mulleres "ardentes" as cales so nos amosan cacho de cacha e parte da súa riqueza intelectual...(que en fin) É unha pena que as mulleres que forman parte destes acontecemnts só sexan empregadas para iso... E bueno, neste caso mellor non preguntarlle nada a Paris que de F1 non creo que domine tanto, sen embargo para facerche un listado dos compoñentes do Licor43 (por exemplo)sí sabrá máis....
Bueno vamos deixar de ser tan malas coa rapaza...

Moitos besitos ás dúas e estades a facer un blog mu currado!!

Anónimo dijo...

bueno pos despois de tanto tempo vou facer un cativo comentario(como di Neira aggggggg).
pos a min pareceme k esta non é a mellor maneira de tratar o xenero feminino, como se foramos un obxecto que esta ahí o alcance todo o mundo.pero claro como iso é o k vende...
pos nada solo mostrar o meu desacordo con esta decision e esperemos que non se leve a cabo.
seguide asi k m gusta moito todo o k poñedes, ainda k non comente na sempre o leo jejejje. besiños!!!