Moter@s que nos visitan

domingo, 8 de abril de 2007

Sepang en un par de liñas!


Despois de 18 largos meses, Mclaren volveu subirse no primeiro escalón do podio. E se eso aínda fora pouco, ocupou tamén o segundo ,formando un fantástico doblete. Alonso na primeira curva conseguiu colocarse primeiro facendo un adiantamento espectacular e sobrepasando o ferrari de Felipe Massa. Non menos incríble foi o adiantamento do inglés L.Hamilton que, seguindo a estela do seu compañeiro, deixou atrás o brasileiro.

Pouco a pouco Alonso comezou a coller distancia do seu compañeiro de equipo. Mentres este aguantaba dunha forma impresionante os ataques de Felipe Massa, para ser novato parece que leva toda a vida encima dun F1. O brasileiro sen embargo pecou de impulsivo e nun dos intentos por colocarse segundo saliuse da pista , perdendo dúas posicións.

Sobre a volta 17 comezaron a entrar os monoprazas en boxes, e puidose comprobar como o equipo Mclaren tiña algún tipo de problema na radio de F. Alonso, xa que tiveron que avisarlle da súa entrada en boxes a través da pizarra.

O resto da carreira continuou sen moitos cambios, ata que a 10 voltas do final comezouse a comprobar que Hamilton tiña problemas cos compostos duros de bridgestone, chegando a pensarse que Kimi Raikkonen, que ocupaba a terceira posición, iba adiantar o inglés. Na última volta estaba a menos dun segundo do piloto inglés

A mala sorte tocoulle o alemán Nico Rosberg , xa que o seu Williams deixouno tirado cando ocupaba a séptima posición. Finalmente a clasificación do gran premio quedou da seguinte maneira:

1. F.Alonso-Mclaren

2. L.Hamilton-Mclaren

3.K.Raikkonen-Ferrari

4.N.Heidfeld-BMW

5.F.Massa-Ferrari

6.G.Fisichella-Renault

7.J.Trulli-Toyota

8.H.Kovalainen-Renault

9.A.Wurz-Williams

10.M.Webber-Red Bull

11.R.Barrichello-Honda

12.J.Button-Honda

13.T.Sato-Super Aguri

14.S.Speed-Toro Rosso

15.R.Schumacher-Toyota

16.A.Davidson-Super Aguri

17.V.Liuzzi-Toro Rosso

18.R.Kubica-BMW

ABANDONOS

19.N.Rosberg-Williams

20.D.Coulthard-Red Bull

21.C.Albers-Spyker F1

22.A.Sutil-Spyker F1

No hay comentarios: