Moter@s que nos visitan

miércoles, 4 de abril de 2007

Conta atrás para Sepang!


Este venres chega de novo a velocidade dos Formula 1 ó Circuíto de Sepang. A pista ten unha extensión de 5,543 Km. nos cales hai repartidas 15 curvas. Este, é un circuíto de útlima xeración , diseñado polo alemñan Hermann Tilke, especilamente para a F1, ó cal se darán 56 voltas, en definitiva cada piloto fará un total de 310.408 quilómetros.

Na pista atopámos longas rectas combinadas con curvas que sen dan a gran velocidade e horquillas de baixa velocidade. Ademais, está é unha das pistas máis anchas da tempada que facilita moito ó adiantamento antes do ingreso nas curvas. Neste os monoprazas chegan a alcanzar os 320 Km/h.

Os inxeñeiros e mecánicos terán que ter moito en conta as altas temperaturas e a gran cantidade de húmidade que pode ameazar con choivas repentinas. Ademais, o asfalto é bastante abrasivo o cal pasa factura nos neumáticos dianteiros. Por estes motivos, a condición física dos pilotos debe ser moi boa, xa que se se o seu estado non é adecuado estes poderán sufrir grandes problemas de deshidratación. Moitos pilotos consideran Sepang como o máis duro fisicamente.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Eisss wapetonas!!

Finde de Fórmula 1 (entre outras cousas jeje), estaredes desexando que empecen xa os entrenos para ver ós monoplazas facer das súas virguerías jeje!! A min gústame Sepang, sobre todo a recta (ou polo menos no motociclismo), o enxeñeiro luciuse co deseño!!
Bueno pois nada máis que comentar, besote para as dúas