Moter@s que nos visitan

jueves, 31 de mayo de 2007

Mclaren exculpado!


A Fia decidiu non sancionar o equipo Mclaren Mercedes por unhas supostas ordes de equipo que este dera ó seu piloto Lewis Hamilton para que permanecera detrás de Alonso no pasado Gran Premio de Mónaco

A Federación examinou a comunicación por radio entre o equipo e Hamilton, e afirmou que as accións de mclaren foron completamente lexítimas e non deben tomar ningunha represión en contra destes.

A FIA remarcou sete puntos a ter en conta para este tipo de sancións:
1. Unha estratexia a dúas paradas en boxes é a óptima en Mónaco a menos que o coche de seguridade entre na pista, en cuxo caso una parada a veces é mellor.
2. O coche de seguridade interviu en catro das últimas cinco edicións do Gran Premio Monegasco.
3. Baixo a actual normativa, a elección entre unha estratexia a unha ou dúas paradas, debe realizarse antes da última manga da sesión de clasificación.

4. Está claro que segundo las medicións da FIA tras a clasificatoria, o equipo McLaren suministrou ó coche de Hamilton combustible para dar cinco voltas máis que Alonso.
5. Esto permitiría a Hamilton seguir unha estratexia dunha única parada en boxes no caso de que o coche de seguridade houbera entrado en pista durante o seu primeiro stint.
6. O coche de seguridade non interviu.
7. O McLaren fue ostensiblemente máis rápido que calquera outro coche en Mónaco.
O comunicado continou explicando que, "el primer objetivo de cualquier equipo es que alguno de sus dos pilotos gane. Si esto es posible, la escudería tratará de que el otro acabe segundo".
"Como el coche de seguridad no salió durante la primera mitad de la carrera de Alonso, se produjo un pequeño riesgo de que saliese cinco vueltas antes de que Hamilton tuviese que repostar. Esto lo habría colocado en los últimos puestos y significativamente en desventaja respecto a cualquier coche con una estrategia a una sola parada. Esos coches entrarían a repostar en la vuelta 40: por ejemplo: después de que el coche de seguridad hubiese entrado en pits si hubiese salido durante las vueltas adicionales de Hamilton".
"Por razones similares, Hamilton también fue llamado a boxes antes de los previsto en su segunda parada, es decir, para asegurarse el segundo puesto, hubiera o no coche de seguridad. En el caso de que el coche que rodaba por delante de Hamilton no hubiese sido el de su compañero, McLaren podría (probablemente) haberse arriesgado y haberle permitido a Hamilton alargar al máximo su parada en boxes con el objetivo de poder colocarse líder tras salir de una de sus dos repostajes".
"El equipo no está obligado a tomar riesgos para adelantar a su propio coche. De hecho sería una tontería hacerlo. McLaren siguió una óptima estrategia de equipo porque tuvieron una ventaja substancial sobre los demás coches. No hicieron nada que se pueda describir como: interferencia en el resultado de la carrera".
Ademais a FIA resaltou que “en la reunión que se llevó a cabo el 28 de octubre de 2002 por parte de la Comisión de Fórmula 1 se decidió con 23 votos a favor y solo tres abstenciones, que quedan prohibidas las órdenes de equipo que afecten a los resultados de una carrera. Esta decisión fue confirmada por el Consejo Mundial del Deporte del Automóvil y aparece en el artículo 39.1 del Reglamento Deportivo de la Fórmula Uno de 2007. Las órdenes de equipo que afecten al resultado de una carrera están prohibidas".

martes, 29 de mayo de 2007

Gran Premio de Mónaco:



O gran premio de Mónaco tivo un único dono: o equipo Mclaren Mercedes, xa que a victoria foi para F.Alonso e a segunda posición para L.Hamilton.


Nos primeiros postos o Gran Premio de Mónaco na súa arrancada mantívose igual, sen embargo por atrás, Robert Kúbica e Jenson Button perdía unha posición e Kimi Raikkonen avanzaba catro posicións colocándose decimosegundo.


Xa na segunda volta tivo lugar o primeiro abandono. Vitantonio Liuzzi colisonou contra unha barreira de protección. A pesar deste accidente , o coche de seguridade non apareceu na pista. O segundo abandono , moi frecuentes en Mónaco, non se produciu ata a volta 19, este veu da man de Mark Webber que se meteu en boxes despois de averiarselle a caixa de cambios. Mentras tanto a cousa en carreira seguía igual, posto que Alonso continuaba líder e Hamilton segundo a uns 7 ´´ do seu compañeiro.


O primeiro en parar en boxes foi Giancarlo Fisichella na volta 24. Na 26 foi Alonso o que entrou ,pasando a lidera Lewis Hamilton a carreira. Este repostou e cambiou neumáticos na volta 29. Deste xeito, despois de que todos os pilotos pararan en boxes a carreira quedaba con Alonso en cabeza seguido de Hamilton, Massa, Fisichella, Kubica, Heidfeld, Wurz , Barrichello, Button e Rosberg. Xa na volta 51 Alonso volve a parar seguido do resto dos pilotos.


As últimas 20 voltas en Montecarlo seguiron máis ou menos igual . Hamilton chegou a reducir a súa diferencia con Alonso ata o medio segundo, arriscando en ocasións demasiado. Mentres tanto, producíase o abandono de Adrián Sutil ó chocar contra a barreira de seguridad. Minutos máis tarde sucedíalle o mesmo ó seu compañeiro: Christian Albers.


Así , realizáronse as 78 voltas do gran premio vencendo Alonso por segundo ano consecutivo seguido de Lewis Hamiltonl, Felipe Massa, Fisichella, os BMW Sauber de Robert Kubica e Nick Heidfeld e Alex Wurz. Kimi Raikkonen,tras arrancar decimosexto, acabou octavo, conseguindo así un punto.




PoSiCióNS FiNaiS:




1.Fernando Alonso


2.Lewis Hamilton


3.Felipe Massa


4.Giancarlo Fisichella


5. Robert Kubica


6.Nick Heidfeld


7.Alex Wurz


8.Kimi Raikkonen


9.Scott Speed


10.Rubens Barrichello


11.Jenson Button


12.Nico Rosberg


13.Heikki Kovalainen


14.David Coulthard


15.Jiarno Trulli


16.Ralph Schumacher


17.Takuma Sato


18.Anthony Davidson


19.Cristian Albers (ABANDONOU)


20.Adrian Sutil (ABANDONOU)


21.Mark Webber (ABANDONOU)


22.Vitantonio Liuzzi (ABANDONOU)

sábado, 26 de mayo de 2007

Mclaren manda en Mónaco!


Hai menos dunha hora rematou a sesión de clasificación do gran premio de Mónaco. En contra do que se pensaba non choveu durante a hora da clasificatoria, unicamente unhas poucas pingas caeron case finalizando o q3.

Na primeira tanda non houbo ningunha sorpresa e os dous pilotos de mclaren lideraron con Hamilton a cabeza. Do mesmo xeito quedaban fora, A.Davidson, S.Speed, A.Sutil, R.Schumacher (que non acaba de levantar cabeza), T.Sato e C.Albers. Na segunda tanda clasificatoria os mercedes volveron a dominar , pero esta vez con Alonso en cabeza, esperabase así un duelo moi reñido pola pole na última tanda. A sorpresa chegou das mans de Kimi Raikkonen, xa que o seu coche sufriu danos na dirección da roda dianteira dereita despois de tocarse na barreira de protección da saída da zona da Piscina. Esto provocou un gran susto no equipo ferrari xa que o finlandés se quedou parado na zona da Rascasse e o seu compañeiro F.Massa case choca con el.

Os pilotos que quedaron fora da loita poa pole position foron Jenson Button, Alex Wurz, Vitantonio Liuzzi, Heikki Kovalainen e Kimi Raikkonen. Na terceira tanda os comisarios penalizaron a D. Coulthard por bloquear o paso a H.Kovalainen na súa volta rápida na q2. Así o piloto escocés quedou eliminado facendo subir a J.Button. A loita pola pole foi moi reñida ,como xa se pronoesticaba, Lewis Hamilton mantívose case todo o tempo na primeira posición cun crono de 1.15.905, pero na súa última volta rápida Fernando Alonso arrebatoulla marcando 1.15.726. Mañá será unha carreira moi dura xa que calquera erro pode modificala completamente, pero as estadísticas din que neste circuíto o que sae primeiro ten practicamente todas as posibilidades de vencer. Mañán saberemolo xa que nin Hamilton nen Massa, na terceira posición, llo poñeran fácil ó español.


Grella Definitiva:

1.Fernando Alonso

2.Lewis Hamilton

3.Felipe Massa

4.Giancarlo Fisichella

5.Nico Rosberg

6.Marc Webber

7.Nick Heidfeld

8.Robert Kubica

9.Rubens Barrichello

10.Jenson Button

11.Alex Wurz

12.Vitantonio Liuzzi

13.Jiarno Trulli

14.Heikki Kovalainen

15.Kimi Raikkonen

16.David Coulthard

17.Anthony Davidson

18.Scott Speed

19.Adrián Sutil

20.Ralph Schumacher

21.Takuma Sato

22.Crhistian Albers

martes, 22 de mayo de 2007

Previo Mónaco!


Chega outro ano máis o glamour a F1 da man do Circuito de Mónaco. Pódese dicir que é o gran premio máis especial, xa que non se parece para nada ós demáis. Tanto é así que os primeiros e segundos entrenamentos realízanse os xoves e non os venres como ocorre no resto das carreiras. A parte desto, é especial porque non perdoa ningún erro dos pilotos, non existe ningunha escapatoria posible e os fallos páganse contra as barreiras de contención.

É o trazado máis curto cuns 3.340 m ó que se dan 78 voltas en total ,a súa velociade media non pasa dos 150 km/h, por iso é un circuíto bastante lento. Consta de 16 curvas, 10 a dereitas e 6 a esquerdas.
Un dos principais trucos para gañar esta carreira é clasificar ben, xa que é practicamente imposible adiantar. Por este motivo a mellor oportunidade para sobrepasar a outro piloto non está na pista senón nos boxes , no repostaxe e cambio de neumáticos.

F.Alonso conseguiu o ano pasado a súa primeira victoria neste circuito. O récor de triunfos teno M.Schumacher con 7 copas de ouro.


viernes, 18 de mayo de 2007

DUELOS HISTÓRICOS DA F1!

Pois esta é unha nova sección que inaguramos hoxe e que ocupara unha vez a semana o noso blog. Nela poñeremos os duelos que se deron e se dan na F1!
Hoxe comezamos cun dos mellores duelos da historia: Montoya vs Schumacher. Dende que no ano 2001 Juan Pablo chegou a fórmula 1 , comezou a suspirar na nuca do alemán, protagonizando os dous os mellores adiantamentos vistos neste gran deporte. A cabeza fría do alemán e sangue quente e impulsiva do colombiano, facían que os aficionados viviramos os momentos de tensión e alegría máis intensos, por ese motivo vai por estos dous grandes rivais!

martes, 15 de mayo de 2007

lunes, 14 de mayo de 2007

GP de España!




A pesar desos 40ºC de calor a aficición española non defraudou e onte teñiu Montmeló de moitas cores pero sobretodo de amarelo e azul pola bandeira de Asturias.


Observando a grella de saída as posibilidades de como está remataría eran imensas, xa que nas catro primeiras posicións se atopan os 3 líderes do mundial ata o momento. Antes de que o semáforo se apagara a saída xa tivo que ser abortada, xa que o coche de Jiarno Trulli (Toyota) acabábase de calar ,facendo que este tivera que saír dende boxes, polo tanto unha volta de quentamento máis e unha menos de carreira.


Ahora sí, do semáforo desaparecían as luces vermellas e ante o griterío da afición os monoplazas arrancaban. Massa e Alonso chegaron a primeira curva moi igualados , pero Massa levaba a velocidade suficiente como para non permitir que Fernando lle arrebatara a primeira posición, Felipe subíase o piano mentres o piloto español buscaba o mesmo vértice, e como dous coches non collen no mesmo piano, ambos monoplazas impactaban , facendo que o mclaren do español tivera que ir pola area. Deste xeito , Alonso sitúase cuarto por detrás de Raikkonen e Hamilton.


A primeira volta rematou con máis incidentes, xa que A. Wurz impactaba por detrás contra o Toyota de Ralph Schufacher. O primeiro perdía o seu alerón dianteiro e dañaba as suspensións, tendo así que abandonar a carreira. O pequeno dos Schumacher tería que facer unha parada en boxes para reparar os danos causados no accidente.


Deste xeito, Massa comeza a abrir distancias co mclaren de Lewis Hamilton, mentres Alonso intenta pegarse e adiantar a Kimi sen poder conseguilo.


Pero inesperadamante primeiro e Trulli o que abandona na volta 8 e na seguinte un Kimi Raikkonen chega a boxes como pode por culpa duns problemas eléctricos que lle impedían seguir competindo. Así , Fernando Alonso pasa a ocupara a terceira posición. A volta remataba con outro incidente máis, rebentando Scott Speed (Toro Rosso) un dos seus neumáticos.


A ventaxa de Massa sobre Hamilton faise cada vez maior. Na volta 18 o brasileño para a repostar , facendo que Lewis con so 3 carreiras na F1 pase a encabezar un gran premio. Sen embargo, o equipo ferrari sofre un gran susto xa que sae unha gran llamarada da boca do depósito de Massa, sen máis consecuencias.


Na volta seguinte para Fernando a repostar, sen ningún contratempo e tomando a elección de poñer os neumáticos de composto duro. Empezan así a facer a súa parada todos os pilotos. Na saída de J.Button do pit lane, este atópase co seu compañeiro de equipo, ambos rózanse na primeira curva no cal Button perde o seu alerón dianteiro. Despois da parada de Hamilton, Heidfeld pasa a liderar a carreira.


Esto non sería por moito tempo, xa que na súa parada en boxes , os mecánicos danlle a saída antes de tempo, facendo que salte unha peza dunha das rodas, facendo que na pista o neumático só este suxeito polo pasador de seguridade. Así, ten que facer outra parada en boxes para colocar todo correctamente.
Sobre a volta 35 Kovalainen , que ocupaba a qunta posición, recibe a orde de parar en boxes, este perde unha posición.
Así empezan as segundas paradas en boxes, primeiro é Fisichella o que entra na volta 40 e máis tarde serán Massa e de novo Kovalainen. Por esta estratexia, probablemente Renault lle fastidiou a carreira o finlandés. Máis tarde arruínanlla tamén a Fisichella xa qaue lle comentan que terá que volver a parar xa que tiveron problemas a hora de poñerlle gasolina.


Finalmente ,Nick Heidfeld ten que abandonar a carrreira. Por outra banda, coa parada de Fisichella de novo en boxes o Takuma Sato (super auguri) colócase na zona de puntos xa que pasa a ocupar a octava posición.


Deste xeito remata a carreira cun Felipe Massa gañando a carreira ,un Hamilton que se volve a subir ó podio e un Alonso algo desilusionado polo toque producido na saída e polo que non pudo estar máis arriba no podio no gran premio do seu país. De cuarto entraba Kubica seguido de Coultharde, Rosberg, Kovalainen e Sato que consigue o primeiro punto para Super Auguri.


A alegría máis grande probablemente será para Hamilton que se converte así no piloto máis xoven da historia que lidera un mundial de F1.
Próxima aventura da Fórmula 1: Mónaco.

viernes, 4 de mayo de 2007

Circuit de Catalunya

A F1 chegou a España tras uns dias de entrenos neste mesmo circuito. Non é descoñecido para os pilotos xa que a gran maioria das probas dos coches fanse neste circuito, ainda que esta carreira sera distinta xa que se conta cunha nova chican para reducir un pouco a velocidade e complicalo mais. Alguns pilotos din que esta nova mellora está moi ben xa que aumenta as posibilidades de adiantar ós contrincantes.
O gran premio de España chamase Circuit de Catalunya que se inagurou en 1991, acolle grandes competicions de motor. Xa se correron 16 grandes premios, a sua lonxitude e de 4627 m, o numero de voltas e 66 (ainda que pode variar asi que con esactitude non o sabemos).
Outra das melloras do circuito e que aumentaron a sua capacidade pero non chegou a nada xa que as entradas estan todas vendidas e en mui pouco tempo estiveron a venta. Asique o circuito estara a reventar e avera un gran esectaculo para disfrutar todos e contaxiarnos os que o temos que ver pola television.
No 2004 gañou Michael Schumaker pero a sua hexemonia duraria moi pouco porque ó ano seguinte gañaría Kimi Raikkonen. O ano pasado gañou o español Fernando Alonso, seria a sua primeira vitoria neste circuito e na sua casa.

Esperemos que esta carreira sexa mui interesante e emocionante.