Moter@s que nos visitan

sábado, 26 de mayo de 2007

Mclaren manda en Mónaco!


Hai menos dunha hora rematou a sesión de clasificación do gran premio de Mónaco. En contra do que se pensaba non choveu durante a hora da clasificatoria, unicamente unhas poucas pingas caeron case finalizando o q3.

Na primeira tanda non houbo ningunha sorpresa e os dous pilotos de mclaren lideraron con Hamilton a cabeza. Do mesmo xeito quedaban fora, A.Davidson, S.Speed, A.Sutil, R.Schumacher (que non acaba de levantar cabeza), T.Sato e C.Albers. Na segunda tanda clasificatoria os mercedes volveron a dominar , pero esta vez con Alonso en cabeza, esperabase así un duelo moi reñido pola pole na última tanda. A sorpresa chegou das mans de Kimi Raikkonen, xa que o seu coche sufriu danos na dirección da roda dianteira dereita despois de tocarse na barreira de protección da saída da zona da Piscina. Esto provocou un gran susto no equipo ferrari xa que o finlandés se quedou parado na zona da Rascasse e o seu compañeiro F.Massa case choca con el.

Os pilotos que quedaron fora da loita poa pole position foron Jenson Button, Alex Wurz, Vitantonio Liuzzi, Heikki Kovalainen e Kimi Raikkonen. Na terceira tanda os comisarios penalizaron a D. Coulthard por bloquear o paso a H.Kovalainen na súa volta rápida na q2. Así o piloto escocés quedou eliminado facendo subir a J.Button. A loita pola pole foi moi reñida ,como xa se pronoesticaba, Lewis Hamilton mantívose case todo o tempo na primeira posición cun crono de 1.15.905, pero na súa última volta rápida Fernando Alonso arrebatoulla marcando 1.15.726. Mañá será unha carreira moi dura xa que calquera erro pode modificala completamente, pero as estadísticas din que neste circuíto o que sae primeiro ten practicamente todas as posibilidades de vencer. Mañán saberemolo xa que nin Hamilton nen Massa, na terceira posición, llo poñeran fácil ó español.


Grella Definitiva:

1.Fernando Alonso

2.Lewis Hamilton

3.Felipe Massa

4.Giancarlo Fisichella

5.Nico Rosberg

6.Marc Webber

7.Nick Heidfeld

8.Robert Kubica

9.Rubens Barrichello

10.Jenson Button

11.Alex Wurz

12.Vitantonio Liuzzi

13.Jiarno Trulli

14.Heikki Kovalainen

15.Kimi Raikkonen

16.David Coulthard

17.Anthony Davidson

18.Scott Speed

19.Adrián Sutil

20.Ralph Schumacher

21.Takuma Sato

22.Crhistian Albers

No hay comentarios: