Moter@s que nos visitan

lunes, 14 de mayo de 2007

GP de España!




A pesar desos 40ºC de calor a aficición española non defraudou e onte teñiu Montmeló de moitas cores pero sobretodo de amarelo e azul pola bandeira de Asturias.


Observando a grella de saída as posibilidades de como está remataría eran imensas, xa que nas catro primeiras posicións se atopan os 3 líderes do mundial ata o momento. Antes de que o semáforo se apagara a saída xa tivo que ser abortada, xa que o coche de Jiarno Trulli (Toyota) acabábase de calar ,facendo que este tivera que saír dende boxes, polo tanto unha volta de quentamento máis e unha menos de carreira.


Ahora sí, do semáforo desaparecían as luces vermellas e ante o griterío da afición os monoplazas arrancaban. Massa e Alonso chegaron a primeira curva moi igualados , pero Massa levaba a velocidade suficiente como para non permitir que Fernando lle arrebatara a primeira posición, Felipe subíase o piano mentres o piloto español buscaba o mesmo vértice, e como dous coches non collen no mesmo piano, ambos monoplazas impactaban , facendo que o mclaren do español tivera que ir pola area. Deste xeito , Alonso sitúase cuarto por detrás de Raikkonen e Hamilton.


A primeira volta rematou con máis incidentes, xa que A. Wurz impactaba por detrás contra o Toyota de Ralph Schufacher. O primeiro perdía o seu alerón dianteiro e dañaba as suspensións, tendo así que abandonar a carreira. O pequeno dos Schumacher tería que facer unha parada en boxes para reparar os danos causados no accidente.


Deste xeito, Massa comeza a abrir distancias co mclaren de Lewis Hamilton, mentres Alonso intenta pegarse e adiantar a Kimi sen poder conseguilo.


Pero inesperadamante primeiro e Trulli o que abandona na volta 8 e na seguinte un Kimi Raikkonen chega a boxes como pode por culpa duns problemas eléctricos que lle impedían seguir competindo. Así , Fernando Alonso pasa a ocupara a terceira posición. A volta remataba con outro incidente máis, rebentando Scott Speed (Toro Rosso) un dos seus neumáticos.


A ventaxa de Massa sobre Hamilton faise cada vez maior. Na volta 18 o brasileño para a repostar , facendo que Lewis con so 3 carreiras na F1 pase a encabezar un gran premio. Sen embargo, o equipo ferrari sofre un gran susto xa que sae unha gran llamarada da boca do depósito de Massa, sen máis consecuencias.


Na volta seguinte para Fernando a repostar, sen ningún contratempo e tomando a elección de poñer os neumáticos de composto duro. Empezan así a facer a súa parada todos os pilotos. Na saída de J.Button do pit lane, este atópase co seu compañeiro de equipo, ambos rózanse na primeira curva no cal Button perde o seu alerón dianteiro. Despois da parada de Hamilton, Heidfeld pasa a liderar a carreira.


Esto non sería por moito tempo, xa que na súa parada en boxes , os mecánicos danlle a saída antes de tempo, facendo que salte unha peza dunha das rodas, facendo que na pista o neumático só este suxeito polo pasador de seguridade. Así, ten que facer outra parada en boxes para colocar todo correctamente.
Sobre a volta 35 Kovalainen , que ocupaba a qunta posición, recibe a orde de parar en boxes, este perde unha posición.
Así empezan as segundas paradas en boxes, primeiro é Fisichella o que entra na volta 40 e máis tarde serán Massa e de novo Kovalainen. Por esta estratexia, probablemente Renault lle fastidiou a carreira o finlandés. Máis tarde arruínanlla tamén a Fisichella xa qaue lle comentan que terá que volver a parar xa que tiveron problemas a hora de poñerlle gasolina.


Finalmente ,Nick Heidfeld ten que abandonar a carrreira. Por outra banda, coa parada de Fisichella de novo en boxes o Takuma Sato (super auguri) colócase na zona de puntos xa que pasa a ocupar a octava posición.


Deste xeito remata a carreira cun Felipe Massa gañando a carreira ,un Hamilton que se volve a subir ó podio e un Alonso algo desilusionado polo toque producido na saída e polo que non pudo estar máis arriba no podio no gran premio do seu país. De cuarto entraba Kubica seguido de Coultharde, Rosberg, Kovalainen e Sato que consigue o primeiro punto para Super Auguri.


A alegría máis grande probablemente será para Hamilton que se converte así no piloto máis xoven da historia que lidera un mundial de F1.
Próxima aventura da Fórmula 1: Mónaco.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ese podio está imperfecto... Eu cambiaba o terceiro caixón.... E como me gusta moito un de vermello...(non é q me mole demasiado, seguino por levar á contraria ós alonsistas jaja) pois poñía a ese ó lado dereito de Massa!! Jajaja!

Xa me apetece ver a carreira de Mónaco!

Besitos chulas!

Anónimo dijo...

Massa saco de la pista a Alonso por más que nos quieran hacer ver otras cosas. Gente de Ferrari reconoce que la maniobra de Massa fue la de sacar a Alonso de la pista.

Debió ser sancionado... en cualquier caso las cosas están como están y queda mucha temporada por delante...

Enhorabuena por el blog, yo tb tengo muchas ganans de ver la carrera de Mónaco,