
A pesar desos 40ºC de calor a aficición española non defraudou e onte teñiu Montmeló de moitas cores pero sobretodo de amarelo e azul pola bandeira de Asturias.
Observando a grella de saída as posibilidades de como está remataría eran imensas, xa que nas catro primeiras posicións se atopan os 3 líderes do mundial ata o momento. Antes de que o semáforo se apagara a saída xa tivo que ser abortada, xa que o coche de Jiarno Trulli (Toyota) acabábase de calar ,facendo que este tivera que saír dende boxes, polo tanto unha volta de quentamento máis e unha menos de carreira.
Ahora sí, do semáforo desaparecían as luces vermellas e ante o griterío da afición os monoplazas arrancaban. Massa e Alonso chegaron a primeira curva moi igualados , pero Massa levaba a velocidade suficiente como para non permitir que Fernando lle arrebatara a primeira posición, Felipe subíase o piano mentres o piloto español buscaba o mesmo vértice, e como dous coches non collen no mesmo piano, ambos monoplazas impactaban , facendo que o mclaren do español tivera que ir pola area. Deste xeito , Alonso sitúase cuarto por detrás de Raikkonen e Hamilton.
A primeira volta rematou con máis incidentes, xa que A. Wurz impactaba por detrás contra o Toyota de Ralph Schufacher. O primeiro perdía o seu alerón dianteiro e dañaba as suspensións, tendo así que abandonar a carreira. O pequeno dos Schumacher tería que facer unha parada en boxes para reparar os danos causados no accidente.
Deste xeito, Massa comeza a abrir distancias co mclaren de Lewis Hamilton, mentres Alonso intenta pegarse e adiantar a Kimi sen poder conseguilo.
Pero inesperadamante primeiro e Trulli o que abandona na volta 8 e na seguinte un Kimi Raikkonen chega a boxes como pode por culpa duns problemas eléctricos que lle impedían seguir competindo. Así , Fernando Alonso pasa a ocupara a terceira posición. A volta remataba con outro incidente máis, rebentando Scott Speed (Toro Rosso) un dos seus neumáticos.
A ventaxa de Massa sobre Hamilton faise cada vez maior. Na volta 18 o brasileño para a repostar , facendo que Lewis con so 3 carreiras na F1 pase a encabezar un gran premio. Sen embargo, o equipo ferrari sofre un gran susto xa que sae unha gran llamarada da boca do depósito de Massa, sen máis consecuencias.
Na volta seguinte para Fernando a repostar, sen ningún contratempo e tomando a elección de poñer os neumáticos de composto duro. Empezan así a facer a súa parada todos os pilotos. Na saída de J.Button do pit lane, este atópase co seu compañeiro de equipo, ambos rózanse na primeira curva no cal Button perde o seu alerón dianteiro. Despois da parada de Hamilton, Heidfeld pasa a liderar a carreira.
Esto non sería por moito tempo, xa que na súa parada en boxes , os mecánicos danlle a saída antes de tempo, facendo que salte unha peza dunha das rodas, facendo que na pista o neumático só este suxeito polo pasador de seguridade. Así, ten que facer outra parada en boxes para colocar todo correctamente.
Sobre a volta 35 Kovalainen , que ocupaba a qunta posición, recibe a orde de parar en boxes, este perde unha posición.
Así empezan as segundas paradas en boxes, primeiro é Fisichella o que entra na volta 40 e máis tarde serán Massa e de novo Kovalainen. Por esta estratexia, probablemente Renault lle fastidiou a carreira o finlandés. Máis tarde arruínanlla tamén a Fisichella xa qaue lle comentan que terá que volver a parar xa que tiveron problemas a hora de poñerlle gasolina.
Sobre a volta 35 Kovalainen , que ocupaba a qunta posición, recibe a orde de parar en boxes, este perde unha posición.
Así empezan as segundas paradas en boxes, primeiro é Fisichella o que entra na volta 40 e máis tarde serán Massa e de novo Kovalainen. Por esta estratexia, probablemente Renault lle fastidiou a carreira o finlandés. Máis tarde arruínanlla tamén a Fisichella xa qaue lle comentan que terá que volver a parar xa que tiveron problemas a hora de poñerlle gasolina.
Finalmente ,Nick Heidfeld ten que abandonar a carrreira. Por outra banda, coa parada de Fisichella de novo en boxes o Takuma Sato (super auguri) colócase na zona de puntos xa que pasa a ocupar a octava posición.
Deste xeito remata a carreira cun Felipe Massa gañando a carreira ,un Hamilton que se volve a
subir ó podio e un Alonso algo desilusionado polo toque producido na saída e polo que non pudo estar máis arriba no podio no gran premio do seu país. De cuarto entraba Kubica seguido de Coultharde, Rosberg, Kovalainen e Sato que consigue o primeiro punto para Super Auguri.
subir ó podio e un Alonso algo desilusionado polo toque producido na saída e polo que non pudo estar máis arriba no podio no gran premio do seu país. De cuarto entraba Kubica seguido de Coultharde, Rosberg, Kovalainen e Sato que consigue o primeiro punto para Super Auguri.A alegría máis grande probablemente será para Hamilton que se converte así no piloto máis xoven da historia que lidera un mundial de F1.
Próxima aventura da Fórmula 1: Mónaco.
Próxima aventura da Fórmula 1: Mónaco.
2 comentarios:
Ese podio está imperfecto... Eu cambiaba o terceiro caixón.... E como me gusta moito un de vermello...(non é q me mole demasiado, seguino por levar á contraria ós alonsistas jaja) pois poñía a ese ó lado dereito de Massa!! Jajaja!
Xa me apetece ver a carreira de Mónaco!
Besitos chulas!
Massa saco de la pista a Alonso por más que nos quieran hacer ver otras cosas. Gente de Ferrari reconoce que la maniobra de Massa fue la de sacar a Alonso de la pista.
Debió ser sancionado... en cualquier caso las cosas están como están y queda mucha temporada por delante...
Enhorabuena por el blog, yo tb tengo muchas ganans de ver la carrera de Mónaco,
Publicar un comentario