Moter@s que nos visitan

martes, 29 de mayo de 2007

Gran Premio de Mónaco:



O gran premio de Mónaco tivo un único dono: o equipo Mclaren Mercedes, xa que a victoria foi para F.Alonso e a segunda posición para L.Hamilton.


Nos primeiros postos o Gran Premio de Mónaco na súa arrancada mantívose igual, sen embargo por atrás, Robert Kúbica e Jenson Button perdía unha posición e Kimi Raikkonen avanzaba catro posicións colocándose decimosegundo.


Xa na segunda volta tivo lugar o primeiro abandono. Vitantonio Liuzzi colisonou contra unha barreira de protección. A pesar deste accidente , o coche de seguridade non apareceu na pista. O segundo abandono , moi frecuentes en Mónaco, non se produciu ata a volta 19, este veu da man de Mark Webber que se meteu en boxes despois de averiarselle a caixa de cambios. Mentras tanto a cousa en carreira seguía igual, posto que Alonso continuaba líder e Hamilton segundo a uns 7 ´´ do seu compañeiro.


O primeiro en parar en boxes foi Giancarlo Fisichella na volta 24. Na 26 foi Alonso o que entrou ,pasando a lidera Lewis Hamilton a carreira. Este repostou e cambiou neumáticos na volta 29. Deste xeito, despois de que todos os pilotos pararan en boxes a carreira quedaba con Alonso en cabeza seguido de Hamilton, Massa, Fisichella, Kubica, Heidfeld, Wurz , Barrichello, Button e Rosberg. Xa na volta 51 Alonso volve a parar seguido do resto dos pilotos.


As últimas 20 voltas en Montecarlo seguiron máis ou menos igual . Hamilton chegou a reducir a súa diferencia con Alonso ata o medio segundo, arriscando en ocasións demasiado. Mentres tanto, producíase o abandono de Adrián Sutil ó chocar contra a barreira de seguridad. Minutos máis tarde sucedíalle o mesmo ó seu compañeiro: Christian Albers.


Así , realizáronse as 78 voltas do gran premio vencendo Alonso por segundo ano consecutivo seguido de Lewis Hamiltonl, Felipe Massa, Fisichella, os BMW Sauber de Robert Kubica e Nick Heidfeld e Alex Wurz. Kimi Raikkonen,tras arrancar decimosexto, acabou octavo, conseguindo así un punto.




PoSiCióNS FiNaiS:




1.Fernando Alonso


2.Lewis Hamilton


3.Felipe Massa


4.Giancarlo Fisichella


5. Robert Kubica


6.Nick Heidfeld


7.Alex Wurz


8.Kimi Raikkonen


9.Scott Speed


10.Rubens Barrichello


11.Jenson Button


12.Nico Rosberg


13.Heikki Kovalainen


14.David Coulthard


15.Jiarno Trulli


16.Ralph Schumacher


17.Takuma Sato


18.Anthony Davidson


19.Cristian Albers (ABANDONOU)


20.Adrian Sutil (ABANDONOU)


21.Mark Webber (ABANDONOU)


22.Vitantonio Liuzzi (ABANDONOU)

No hay comentarios: