Moter@s que nos visitan

miércoles, 28 de marzo de 2007

Kimi dez postos atrás en Malasia?

Kimi Raikkonen levarase unha gran sorpresa ó saber que probablemente será retrasado 10 postos na grella de saída do gran premio de Malasia o próximo 8 de abril. Ó parecer, o motor Ferrari V8 que utilizou en Melbourne quedou dañado despois da súa victoria.
Segundo recoñeceu o xefe de motores o propulsor “se sobrecalentó en la parte final de la carrera”, e aínda que dende Ferrari aseguran que a unidade non quedou dañada , o certo e que a refrixeración do F2007 non funcionou ben nesa última voltas por unha suposta fuga de auga. Ata o momento non hai nada confirmado, pero se ó final o motor fora cambiado, Ferrari sufriría un gran golpe xa que Kimi convertouse na súa mellor carta para xogar neste mundial...seguiremos informando.

No hay comentarios: